Publicacións

Reunión do Club de Lectura dos libros lidos no 1º trimestre

 Neste primeiro trimestre os libros elexidos para ler foron: El salón de ámbar  de Matilde Asensi, unha novela na que seguimos as andanzas dun grupo de ladróns que investigan para facerse con pezas de arte excepcionais. El color de la magia  de Terry Pratchett, unha fantasía sobre un universo alternativo que está cargada de autoironía sobre o xénero fantástico. Na reunión que tivemos para poñelos en común tratamos sobre se desfrutamos léndoos (o máis importante) e tamén sobre que tipo de literatura son esta clase de novelas, qué excitan da nosa imaxinación, que temáticas nos gustaría ler (ou para escribir sobre elas), e que clase de sentimentos nos provocaron. Tamén comentamos que universos ou que aventuras nos gustaría imaxinar a nós e se engadiríamos algún aspecto ás dúas novelas.